Corenta persoas asistirán aos obradoiros de balde de Cantos de Taberna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Festas abre este luns, 4 de maio, o prazo para inscribirse nos obradoiros de Cantos de Taberna, que estarán impartidos por María Arribe. Os obradoiros son de balde e teñen unha inscrición de 40 persoas. Os obradoiros impartiranse o venres, 15 de maio, e o sábado, 16 de maio, en cursos de perfeccionamento e iniciación, cun cupo de 10 persoas por grupo.

O venres, 15 de maio, os horarios serán:

• Perfeccionamento: 18.00 a 20.00 horas

• Iniciación: 20.00 a 22.00 horas.

O sábado, 16 de maio, os horarios serán:

• Perfeccionamento: 10.00 a 12.00 horas

• Iniciación: 12.00 a 14.00 horas.

As persoas que desexen participar nestes obradoiros, que se impartirán de balde, poderán inscribirse chamando ao teléfono 986 80 43 00 ext 7030.

3 de maio de 2015 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.