Converxencia Galega reúnese con Acigu C.C.A.

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O pasado día 29 de abril, na sede social de ACIGU C.C.A, mantúvose unha xuntanza entre a Presidenta desta asociación, Sra. Carmen García Braga, acompañada do séu Xerente, Jose M. Aldea e varios membros da candidatura de CONVERXENCIA GALEGA o Concello de A Guarda, Celso R. Fariñas, Beatriz Estevez, Chechu, e Josué Álvarez, donde de fixo un repaso das distintas actuacións políticas e sociais destes derradeiros catro anos da lexislatura que está a piques de rematar, e donde queda pendiente por arranxar, entre outras moitas cousas, a proposta na que coincidimos sobre a variación da Taxa Municipal de Abastecemento de Auga, para que sexa unha realidade a tarifa polo consumo real existente para o pequeño comercio e as familias, que podería conlevar un aforro de máis do 15% anual.

Tamén se plantexou a delicada situación económico-laboral, da precaria situación do pequeño comercio local, e da ausencia dunha política municipal sería de colaboura nesta materia.

Se falou da unidade de acción a iniciativa plantexada por CONVERXENCIA GALEGA, se conseguiu que se conxelaran dende Novembro do 2012, os Impostos Municipais, e deste xeito non incrementar a presión fiscal na localidade.

Tamén se fixo unha exposición dunha serie de iniciativas cara a próxima lexislatura, destacando o Plan de Reactivación do Comercio Local que será consensuado cos comerciantes, pois tal e como están as cousas, hoxe é un dos poucos sectores que é capaz de xerar emprego e polo tanto é un dos que máis necesita maior atención. Detro do citado Plan hai que establecer bonificacións nos impostos municipais para as empresas que xeneren creación de postos de traballo.

Asumi-lo compromiso de a aunar esforzos para que despois de 20 anos da eterna promesa electoral, intentar que sexa realidade o proxecto do Parque Industrial A Guarda-O Rosal, implicando a tódolos sectores da vida comercial, industrial e política do Baixo Miño.

Dende CONVERXENCIA GALEGA, que trala crise sufrida durante estes anos, se pode saca-la conclusión da perda de peso en tódolos eidos de A Guarda en referencia do resto do Baixo Miño, que así mesmo se sinte o gran pesimismo e apatía social, do desencanto, e ca cifra de cerca de 1000 parados e unha gran morea de xóvenes que se ven obrigados a emigrar…facendo que as veces a sociedade guardesa semelle un pobo fantasma, valeiro e sin ilusión e esperanza, polo que é preciso a unidade de acción na busqueda dún futuro para todos e que ten que vir co esforzo de todos.

2 de maio de 2015 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.