Conmemórase o CLXXI aniversario da Fundación do Corpo da Garda Civil

Actos de conmemoración
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asistiu esta mañá aos actos de conmemoración do CLXXI Aniversario da Fundación do Corpo da Garda Civil que tiveron lugar nas dependencias oficiais.
Durante o acto, ao que acudiron as autoridades civís e militares de Galicia e que contou coa presenza destacada do director xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa; foi recoñecido cunha das medallas que entrega esta institución o actual xefe de área de Acción Territorial da Deputación da Coruña, Guillermo Grandío Chao, pola súa longa traxectoria nas administracións públicas desde as que sempre colaborou coa Garda Civil.
Pola súa banda, o ente provincial tamén colabora con este corpo a través dun convenio polo que se renovarán varios cuarteis da provincia.











