publicidade hoxe

Conde destaca a capacidade de Congalsa de completar o ciclo de vida empresarial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal Portada
A-
A+
Francisco Conde na visita a Congalsa

Francisco Conde na visita a Congalsa

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, nunha visita ás instalacións da empresa de alimentos precocinados, Congalsa, a capacidade desta compañía coruñesa de “completar o ciclo de vida empresarial”, coa aposta inicial do emprendemento, a innovación e a internacionalización. Deste xeito, salientou, Congalsa configúrase como un dos “focos de dinamización económica e creación de emprego na comarca”.

Neste contexto, o titular de Economía e Industria, que estivo acompañado pola delegada territorial, Belén Do Campo, resaltou a aposta pola innovación e a internacionalización como claves que teñen impulsado o crecemento da empresa. Así mesmo, subliñou o seu compromiso coa responsabilidade social corporativa, “verdadeiro vínculo dunha compañía coa comarca na que desenvolve a súa actividade”.

Conde apuntou que os bos resultados que está a acadar Congalsa susténtase na “aposta diaria pola excelencia e a calidade”, o que lle ten levado a contar co seu propio departamento de I+D+i no que desenvolven novos produtos e impulsan melloras nos xa existentes, orientando os seus procesos cara o modelo de Industria 4.0.

“Sobre a base duns produtos de calidade, incorporando elementos de innovación e pensando en crecer en mercados nacionais e internacionais, Congalsa tense convertido nun referente do sector”, subliñou Conde. Neste sentido, a empresa sitúa os seus produtos nas máis importantes cadeas de distribución europeas, e elabora máis do 50% dos alimentos precocinados con base de pescado e marisco de todo o Estado.

O compromiso coa innovación, incidiu o conselleiro, repercute no incremento da súa competitividade facilitando a apertura da compañía cara o mercado internacional. Congalsa elabora produtos precocinados para uns 400 distribuidores ou importadores de 25 países.

11 de maio de 2015 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.