publicidade hoxe

Concerto de guitarra e piano para clausurar as Escolas Municipais de Música de Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello organiza este venres, 29 de maio, o acto de clausura das Escolas Municipais de Música. Un acto con entrada libre que principiará ás 17 horas na Casa da Cultura. No mesmo, alumnos e alumnas darán conta do aprendido a través de diferentes actuacións de piano e guitarra, en solitario e en grupo. De todos os niveis, dende iniciación a perfeccionamento. E baixo a atenta mirada dos seus mestres: Daniel Adzemian (guitarra) e Amalia Guerrero (piano). O programa dos concertos pode consultarse na páxina web municipal (www.fenecidadan.net).

Doutra banda, o Concello tamén avanza que o próximo luns, 1 de xuño, a Casa da Cultura acollerá a partires das 19 horas o acto de entrega dos premios do V Concurso de Microrrelatos Concello de Fene, convocado polo Concellería de Cultura e os Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística dos centros de ensino do municipio. Así mesmo, inaugurarase a exposición dos traballos presentados ao Certame de Creación Artística “En galego? É o noso!” e levarase a cabo a entrega de premios colectivos aos centros participantes: CPI A Xunqueira, CEIP de Centieiras, CPR Jorge Juán, CEIP O Ramo, CEIP Os Casais e IES de Fene.

27 de maio de 2015 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.