Concentración de condena no CHUO polo acto de violencia de xénero a unha paciente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+
Concentración de repulsa ante o CHUO

Concentración de repulsa ante o CHUO

A entrada principal do Chuo acolleu esta mañá a concentración do persoal do hospital ourensán para condenar o acto de violencia de xénero que acabou coa vida da paciente de 65 anos de idade, Isabel Fuentes, que levaba ingresada no complexo hospitalario dende o 3 de abril. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, sumouse a este acto de repulsa. Durante a concentración mantívose un minuto de silencio.

8 de maio de 2015 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.