Concello e Club Parapente Ferrol impulsan o programa de voos en bipraza
A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá o novo programa “Poñemos Ferrol polas nubes” que a Administración local porá en marcha coa colaboración do Club Parapente Ferrol. A edil ferrolá estivo acompañada por representantes desta entidade que, ademais, presentaron a nova vela bipraza “swing twing 5” co logotipo do Concello de Ferrol que empregarán nos voos de exhibición e competicións deportivas en que participen por todo o territorio nacional.
Martínez Galdós explicou que esta iniciativa “pretende acercar a tódalas persoas interesadas en coñecer o deporte do parapente de forma directar”. Un instructor do Club Parapente ferrol fará voos biprazas a custe cero gracias a esta colaboración pola que o Concello de Ferro fixo entrega dunha vela bipraza Swing Twinn 5. Esta actividade constará de voos de dúas persoas -instructor e acompañantes- así como o seguro federativo-. A edil Susana Martínez tamén destacou que “Poñemos Ferrol polas nubes” quere promocionar o deporte femenino polo que o club ferrolán xa se puxo en contacto coas asociacións de mulleres e centros de información á muller da cidade. A concelleira ferrolá sinalou que “dende a Área de Deportes do Concello estamos encantados de colaborar nesta iniciativa, e desexamos que serva para promocionar unha actividade en que se conxunta o deporte, o contacto coa natureza e a promoción do privilexiado contorno natural que temos en Ferrol”.
O Club Parapente Ferrol ten no municipio catro zonas de despegue, que usan en función das condicións do vento. Estas son: Ponzos, Monteventoso, Prior e San Cristobo. Aquelas persoas interesadas en iniciarse no parapente con estos voos en bipraza deben poñerse en contacto co devandito, cuxo enderezo é Avenida Mac-Mahón (Esteiro) 23-24; 3ª D. Número de teléfono: 646 870 340 (Diego). Enderezo electrónico: club@clubparapenteferrol.com.











