Concello de Ferrol e agrupación de asociacións de veciños da zona rural conmemorarán o Día das Letras Galegas
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, participará o vindeiro domingo, día 17 de maio, en San Pedro de Marmancón na conmemoración do Día das Letras Galegas que como vén sendo habitual nos últimos anos organiza a Agrupación de Asociacións Veciñais da Zona Rural coa colaboración da Administración local. Neste acto que comezará ás 17:30 horas realizaráse unha lectura de Xosé Filgueira Valverde -autor homenaxeado este ano-. Ademais actuarán as corais de Valón e Chamorro para poñer o colofón á celebración coa interpretación do Himno de Galicia.
Por otra banda, o Concello de Ferrol, a través da Concellería de Educación, repartirá un total de 85 libros do homenaxeado deste ano con motivo do Día das Letras Galegas. A obra “Quintana Viva” de Xosé Filgueira Valverde se distribuirá entre a vintena de centros educativos de Infantil e Primaria do municipio ferrolán.











