Compostela será escenario da gravación dun vídeo promocional o 27 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou en Alcalá de Henares na reunión da Comisión de Representación, Promoción e Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Na xuntanza acordouse, entre outros asuntos, que Santiago de Compostela será obxecto da gravación dun vídeo promocional o día 27 de maio. A gravación terá lugar en diversos emprazamentos da cidade, como a Catedral (interior, exterior e cubertas); prazas (Obradoiro, Quintana, Praterías e Cervantes); rúas (rúa Nova, rúa do Vilar e Casas Reais); Camiño de Santiago (entrada na cidade pola rúa de San Pedro e zona de Lavacolla), Centro Galego de Arte Contemporánea, Cidade da Cultura e un restaurante. O vídeo completarase coa gravación dunha visita guiada, do ambiente de bares e terrazas e do acendido e apagado da iluminación de monumentos.

Esta reunión da Comisión de Turismo é preparatoria da Asemblea de Alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España que se celebrará en Cáceres a principios de xuño.

14 de maio de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.