Comezan as probas de selección de tres auxiliares de Policía Local para A Laracha
As probas previstas no procedemento de selección dos tres auxiliares de Policía Local que o Concello da Laracha contratará por un período de seis meses realizaron esta mañá as probas de aptitude física nas instalacións do campo de fútbol municipal de A Porta Santa de Paiosaco.
Tras esta primeira proba, das 43 persoas inicialmente admitidas soamente 25 continúan aspirando ás prazas convocadas.
O venres a partir das 10:00 horas realizarase o test de avaliación do dominio da materia teórica sinalada na convocatoria. As persoas que superen esta proba deberán realizar ese mesmo día a partir das 13:00 horas o exame específico sobre o coñecemento do termo municipal e a toponimia local. Por último habería unha cuarta proba relativa ao dominio da lingua galega para os aspirantes que non puidesen acreditalo documentalmente.
O tribunal deste procedemento de contratación de persoal está formado por técnicos municipais e axentes da Policía Local.











