publicidade hoxe

Comezan as obras de construción da Escola Infantil de Verín que contará con 74 prazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+
Recreación da escola infantil de Verín

Recreación da escola infantil de Verín

Nestas últimas xornadas, están a realizarse as labores de demolición das antigas dependencias de Obras Públicas da avenida de Sousas de Verín, na que se construirá a Escola Infantil do municipio que contará cun total de 74 prazas para menores con idades comprendidas entre os 0 e 3 anos.

Esta nova instalación, que estará dividida en cinco unidades por tramos de idade, converterase nun equipamento diúrno no que se impartirá o primeiro ciclo de educación infantil de acordo cos principios e contidos educativos recollidos no currículo do primeiro ciclo de educación infantil. A súa construción é posible grazas a un convenio asinado entre o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e a titular de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero no que se acordou devandita construción por parte da Consellería de Traballo e Benestar cun orzamento de 705.000 euros.

Este servizo de atención á infancia, educativo asistencial, ten por obxecto adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Por este motivo neste novo centro prestaranse servizos como atención educativa, servizo de comedor ademais dun horario amplo. Todos eles facilitarán aos proxenitores a existencia dun espazo físico no que  poidan estar os/as seus/súas fillos/as  antes do seu ingreso nos centros escolares.

Os materiais,  ferramentas e referencias de utilidade para o traballo nesta Escola Infantil asentárase en propostas didácticas e experiencias, artigos, ferramentas para a creación de recursos, ligazóns de Interese, referencias bibiliográficas e electrónicas e material didáctico multimedia.

20 de maio de 2015 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.