publicidade hoxe

Comezan as obras de afirmado en varias pistas do rural carballiñés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Nos vindeiros días comenzarán as obras de afirmado en varias pistas do rural carballiñés, en concreto na zona de Pol e de Señorín. Os traballos se executarán atraveso dos fondos do Plan Marco financiados co Fondo Europea Agrícola de Desenvolvemento Rural, superando os 87.000 euros.

Na zona de Señorín traballarase na pista que une este lugar con Treboedo, realizando un ensanchamento da pista que pasará dos 4,7 metros actuais, os 5,2. Nesta pista procederase a realizar o fresaso, rebacheo e asfaltado en quente.

Pola súa banda na pista que une Pol e Zafra, ademais do fresado, rebacheo e asfaltado en quente, executarase unha canatela lateral para a recollida de pluviais, así como o ensanchamento pasando dos actuais 3,8 ós 4 metros.

26 de maio de 2015 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.