Comeza o procedemento de apertura da documentación administrativa para adxudicar o dereito de superficie da parcela Faquiña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Esta mañá iniciouse no Concello de Mos o procedemento de apertura de plicas para a adxudicación do dereito de superficie da parcela municipal Faquiña (antiga CEPSA) de uso industrial. Hoxe procedeuse á apertura da documentación administrativa dos sobres A das 4 ofertas presentadas, acordando a mesa de contratación o estudo da solvencia técnica e económica das empresas ofertantes e emprazándose novamente, unha vez estudiadas, para a apertura dos sobres B se procedese.

A mesa está integrada polo presidente, neste caso o concelleiro de Facenda e Patrimonio e tenente alcalde mosense, Óscar Soto, os Secretario e Interventor municipais e tamén, como invitados, os voceiros dos diferentes grupos políticos da Corporación Municipal.

A parcela municipal Faquiña, sita na Avenida do Aeroporto, parroquia de Tameiga, ten forma triangular e conta cunha superficie de 7.170 metros cadrados. O informe técnico-urbanístico municipal establece o prezo da concesión e, polo tanto, o valor económico do contrato da mesma, en 11.647, 24 euros.

A renda do contrato deberá de satisfacerse por anos naturais vencidos, dentro do primeiro trimestre do ano seguinte. A anualidade correspondente ó ano de adxudicación prorratearase en atención á data desta. O canon ten carácter anual polo que o seu devengo se produce a 1 de xaneiro de cada ano.

O criterio de valoración para a adxudicación da parcela a unha das 4 empresas que se presentaron ó procedemento de licitación terá en conta os seguintes puntos: incremento sobre o canon de aplicación, actividade a desenvolver, importe do investimento, número de traballadores, importe anual dos tributos a devengar, diminución do prazo da concesión sobre o máximo previsto e prezo da concesión.

Os usos industriais ós que se pode destinar esta parcela son vivenda para gardería exclusivamente (unha por industria), garaxe-aparcadoiro, artesanía, comercio, oficinas, gasolineiras e hostalería en xeral ó servizo dunha estrada e non situados a máis de 50 metros da liña de edificación da mesma. A altura máxima da construcción deberá ser de tres plantas e/ou 10 metros.

A duración da concesión do dereito de superficie á empresa adxudicataria será de 50 anos con posibilidade de ser prorrogada durante 25 anos máis de común e expreso acordo por ambas partes, que deberán de asinar unha adenda ó contrato inicial, pero recaendo a decisión desta prórroga da concesión de xeito discrecional no Concello de Mos. En todo caso a solicitude de prórroga faculta ó Concello de Mos para revisar ou recalcular o prezo da renda.

Fomento do emprego

O adxudicatario deberá de contratar ó número de traballadores que sinale na súa oferta  e cumprir a totalidade das obrigas legalmente impostas pola lexislación vixente en materia laboral.

4 de maio de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.