Comeza o prazo para pedir invitación á visita turística e reservar praza para o teatro e a comida na Semana dos Maiores de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Mañá martes día 6 de maio a partir das 9 horas todas as persoas maiores interesadas en participar nas actividades da VIII Semana dos Maiores que organiza a Concellería de Benestar Social, poden formalizar as súas reservas e solicitar as invitacións para as actividades que así o requiren.

Nesta edición, que se celebrará entre o 11 e o 15 de maio, manteranse as principais actividades de anteriores anos, como tai chi, cachibol, corais, teatro, comida, e a visita turístico cultural, que esta edición será á costa da Morte-Fisterra, con 300 prazas.

Todas as actividades serán gratuítas e sen necesidades de reserva, a excepción das obras de teatro e a visita turística -requiren invitación-, e a comida -require reserva previa-. Poden formalizarse nas oficinas de Benestar Social, na rúa Bispo Carrascosa, 8. As invitacións para o teatro serán de catro por persoa como máximo, e a visita turística dúas. No que respecta á comida no Restaurante A Carballeira de Santa Cruz prevista para o xoves 14, as persoas que desexen asistir deberán facer a súa reserva, aboando o menú (13 euros) no restaurante o día da comida.

5 de maio de 2015 | 10:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.