publicidade hoxe

Comeza en Oleiros o Roteiro literario 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Esta mañá comezou o Roterio literario 2015 no que máis de 300 alumnos e alumnas de secundaria do noso municipio coñecerán o concello a través da historia de persoas ilustres que residiron en Oleiros. A actividade, organizada polo Concello de Oleiros a través do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores, levarase a cabo ao longo do día de hoxe e de mañá.

Este ano a ruta está dedicado ao pintor Fernando Álvarez de Sotomayor que residiu en Lamastelle, ao avogado e político Santiago Casares Quiroga que veraneou no pazo do Río e villa Galicia en Montrove e ao xornalista José Luis Bugallal Marchesi que viviu en villa Isabel en Nós. O alumnado do Instituto Miraflores realizará a presentación destes personaxes. Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, dirixidos polo profesorado e baixo a coordinación da profesora Rosa García Vilariño elaboraron o texto da publicación, que foi deseñada polo Departamento de Comunicación do Concello de Oleiros. Os obxectivos desta iniciativa son dar a coñecer diferentes persoas ilustres que residiron no Concello de Oleiros e melloras o coñecemento do patrimonio e de diferentes espazos de Oleiros entra mocidade ao mesmo tempo que se promove a lectura.

Os rapaces comezarán nas Torres de Santa Cruz onde se proxectará un Power Point, realizado por Ricardo Rilo, sobre as principais características da pintura de Álvarez de Sotomayor, despois trasladarémonos a Lamastelle para ver o lugar onde estaba a casa de Fernando Álvarez de Sotomayor e realizaranse as explicacións sobre este pintor. A continuación visitarán para o pazo do Río, residencia de veraneo do avogado e político Santiago Casares Quiroga, no que se falará sobre este persoeiro e está previsto un concerto de violín e guitarra interpretado por Eduardo Coma, ao violín, e Francisco Rosa, á guitarra, con composicións musicais da época; para acabar en Nós, en Villa Isabel, onde se expoñerá sobre o xornalista José Luis Bugallal Marchesi, para finalizar cun espectáculo de clown de temática deportiva a cargo de Mere Clown.

20 de maio de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.