Comeza a restauración de catro fontes do centro histórico de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Patrimonio Histórico iniciou nestes días a restauración das catro fontes de ferro da zona monumental situadas nas prazas de Curros Enríquez, Verdura, Peregrina e Praza de Santa María. Trátase duns traballos valorados en 12.628,10 euros, e que comezaron pola fonte de Curros Enríquez.

Os traballos de restauración consistirán na colocación de elementos que lle faltan ás diferentes fontes. Serán réplicas realizadas en ferro fundido a partir das pezas orixinais, tamén está previsto unha limpeza integral e un pintado das fontes.

Na actualidade as fontes presentan suciedade superficial, algunhas partes están oxidadas, parte da pintura está deteriorada, e tamén lles faltan elementos decorativos e grifos, ademais de pequenas roturas.

Segundo recolle o proxecto de intervención, “en París e en Vigo fundíronse a finais do século XIX as fontes de ferro que foron as primeiras traídas de augas de Pontevedra. Por entón, a cidade contaba con 10.000 habitantes, e o arquitecto municipal, Alejandro Rodriguez Sesmero, dirixe unha carta ao alcalde na que pide a compra no extranxeiro das catro fontes públicas de ferro fundido “con cuatro grifos y llave de compuerta, al precio de mil pesetas la unidad”, e pide que o encargo se realice a Antonio Sanjurjo Badía, dono da fundición “La industriosa” de Vigo”.

26 de maio de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.