publicidade hoxe

Comeza a construción de 1.400 metros de cunetas de formigón nas parroquias de Santa María e Casadelos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, informou esta mañá do inicio das obras de construción de cunetas de formigón en diferentes puntos do termo municipal. Intervencións todas elas que pretenden dar resposta ás peticións trasladadas polos veciños e veciñas. Así, as actuacións arrancaron hai unhas semanas en Casadelos e, a piques de concluír estes traballos, onte mesmo comezaban na Pontegrande. De seguido, as tarefas proseguirán no Sartego.

No seu conxunto, o Concello investirá uns 78.043,99 euros e conta cun prazo de execución de dous meses. Os proxectos foron presentados polo Concello ao Plan de Melloras de Camiños que promove a Deputación provincial, co que se sufragarán con cargo a este programa, tal e como sinala o rexidor.

Ademáis, no marco destas intervencións e na Silva, tamén comezou a construción dun muro de contención da estrada sobre o paso de acceso a unha serie de vivendas, por mor da diferencia de cotas entre ambas calzadas e co obxecto de reforzar a seguridade de peatóns e conductores no lugar. Sobre este muro, ubicaráse por iso unha barandilla, e executaránse 25 metros de cuneta revestida de formigón e unha recollida de aguas nun cruce con canaleta de formigón e rexilla de seis metros de lonxitude.

No Sartego realizaránse 350 metros de cuneta de formigón, namentras que na Pontegrande se executarán 300 metros de cuneta. Por último, en Casadelos, executáronse 725 metros de cuneta e, nun tramo de 25 metros, realizouse unha canalización de pluviais.

7 de maio de 2015 | 20:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.