Cogami inicia o programa de lecer náutico en Sanxenxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSanxenxo
A-
A+

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia tempada de verán coa posta en marcha do programa de lecer náutico que se desenvolve no RCN de Sanxenxo co apoio de Fundación Mapfre durante os meses de maio, xuño, agosto e setembro.

Este ano participan neste programa un total de102 persoas usuarias de entidades e centros de recursos que forman parte de COGAMI que, acompañadas por 26 persoas traballadoras, van poder estar durante 5 días convivindo en Sanxenxo, na residencia adaptada AIXIÑA. As  mañás, en horario de 11.00 a 15.00 horas, van estar destinadas a aprender o manexo das embarcacións a vela lixeira, polo que recibirán unhas clases de 20 horas de duración. As tardes dedicaranas a realizar actividades de lecer como ir á praia, pasear, visitar museos, etc.

Persoas usuarias dos centros de recursos de Fingoi en Lugo, Medelo en Silleda, Mos, Niveiro en Val do Dubra, así como as asociacións Integro de comarca de Bergantiños, Soneira e Fisterra, A Mariña-COGAMI, Adisbismur da bisbarra de Muros, Agadhemo, Amarai de Arzúa e Terra de Melide e Acadar son as que participarán este ano no programa de lecer náutico, en quendas que quedarán repartidas segundo se recolle neste recadro:

24 a 29 de maio

asociación Íntegro Bergantiños, Fisterra e Soneira

3 usuarios e 1 acompañante

24 a 29 de maio

centro recursos Fingoi (Lugo)

8 usuarios e 2 acompañantes

31 maio a 5 de xuño

Adisbismur da comarca de Muros

12 usuarios e 3 acompañantes

7 a 12 de xuño

Amarai de Arzúa e Terras de Melide

8 usuarios e 2 acompañantes

7 a 12 de xuño

Centro recursos Niveiro de Val do Dubra

4 usuarios e 1 acompañante

14 a 19 de xuño

centro recursos Medelo en Silleda

15 usuarios e 4 acompañantes

21 a 26 de xuño

centro de recursos de Mos

16 usuarios e 4 acompañantes

31 a 5 de xuño

asociación A Mariña-COGAMI

4 usuarios e 1 acompañante

30 agosto a 4 setembro

asociación Agadhemo de hemofilia

16 usuarios e 4 acompañantes

6 setembro a 11 setembro

asociación Acadar de mulleres con discapacidade Galicia

16 usuarios e 4 acompañantes

Este programa iniciou en 2013 e conta con grande aceptación por parte das persoas usuarias de COGAMI, pois permite tanto achegar o deporte de vela a persoas con discapacidade, como tamén, supón unha estadía de cinco días de vacacións na vila de Sanxenxo, onde poderán ter acceso a actividades inclusivas, nas que poden participar todas as persoas. Ademais, supón ter uns días de respiro familiar, tanto para as propias persoas con discapacidade como para as súas familias. 

Durante estes tres anos de programa, chegan a 400 as persoas que acudiron ata o Real Club Náutico de Sanxenxo para aprender as nocións básicas de manexo dunha embarcación a vela lixeira.

28 de maio de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.