Ciudadanos en Ferrol aposta polos museos flotantes como reclamo turístico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O programa de Ciudadanos para a cidade de Ferrol inclúe un plan para construír museos flotantes como reclamo turístico e potenciación do turismo naval. Se Ciudadanos gaña as eleccións porase en contacto co Ministerio de Defensa para que paralice as poxas e conseguir a cesión do portavións “Principe de Asturias” e dunha das fragatas clase “Baleares”, para situalos en lugares especialmente visibles, convertelos en museos flotantes e convertelos así nun símbolo da cidade.

Estes buques representan unha parte importante da historia da construción naval desta cidade e valen máis que o ferro do que están construídos, se fosen poxadas como chatarra acabariamos perdendo un patrimonio histórico irrecuperable e sería un gravísimo erro, deixar pasar esta oportunidade porque significaría un enorme incentivo para toda a industria turística da zona.

A maioría dos países con máis e menos tradición marítima que España souberon reutilizar os seus buques de guerra como atractivo para potenciar o turismo nos lugares nos que están situados.

En España non contamos con ningún museo deste tipo, sendo un dos países con máis quilómetros de costa e cunha das armadas máis importantes da historia, España non soubo conservar nin un dos seus barcos de superficie orixinais como museo. Ferrol non pode seguir deixando que se perdan oportunidades de crear atractivos recursos turísticos que xa están construídos como ocorreu coas baterías de costa que sirvan como reclamo insignia do noso turismo naval.

Desde Ciudadanos apoiamos a iniciativa que defenden numerosas asociacións e grupos de diferentes redes sociais desde xa hai anos así como peticións na plataforma change.org, todo iso reunindo a miles de persoas que apoian esta causa, para converter aos vellos buques da flota en museos flotantes.

7 de maio de 2015 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.