publicidade hoxe

Cinco restaurantes participan na Festa Gastronómica do Choco de Redondela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRedondela
A-
A+
Presentación da Festa do Choco de Redondela

Presentación da Festa do Choco de Redondela

Este ano 2015 celebrase a XXIX Edición da Festa Gastronómica do Choco de Redondela, tantos anos como ten a propia Asociación de Empresarios, xa que esta entidade foi a que fixo nacer este evento. Cabe destacar o esforzo por manter os prezos, nesta edición na que os prezos do produto cotizan á alza, o prezo dos pratos e ración mantéñense como en anos anteriores en 8€.

Participan nesta edición 5 restaurantes:

– Restaurante Casa Rei (Asador Soriano)

– Mesón o Tella

– Tapería O Tranquilo

– Tapería a Cova

– Cafetería Venus

Estes restaurantes presentan unha oferta gastronómica 100% Choco de Redondela como así acredita o certificado de compra que dende a organización se esixe como condición necesaria para poder estar nesta Festa Gastronómica.

Ademais dos tradicionais pratos de Chocos na súa tinta con arroz ou cachelos ou chocos á prancha este ano estes restaurantes sorprenderan con novas propostas que poñen de manifesto o esforzo da hostalaría por seguir superándose. O programa de festas tamén recolle o menú que ofrece cada restaurante e a carta de prezos.

A carpa da Festa será un gran restaurante que poderá atender á vez a case 700 comensais, atendida por máis de 50 camareiros e uns 15 cociñeiros. A carpa estará aberta para a desgustación dende o sábado ás 12:00h da mañá en horario continuado e o domingo dende as 10:30h.

Cóntase cunha crecente oferta de propostas complementarias, baseadas fundamentalmente en postes e elaboracións para levar.

Concurso Gastronómico, como novidade este ano contaremos coa colaboración de Carmen Albo, que guiará e presentará o concurso gastronómico. A presentación de pratos poderá realizarse ata as 12:30h, hora a que dará comezo a degustación dos pratos que se presenta a concurso.

O amplo programa de actuación complementarase con visitas á illa de San Simón, demostracións de cociña en vivo, verbenas, atraccións infantís, exposicións de coches clásicos e motos, feira de artesanía e un logo.

5 de maio de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.