Chegan as primeiras patrullas do concurso Tui-Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press
Probas

Probas

As primeiras patrullas do Concurso de Patrullas Tui-Santiago comezaron a chegar á compostelá Praza do Obradoiro, onde este venres terá lugar a entrada de trofeos. Segundo informou a Brigada de Infantaría Lixeira Aerotransportable (Brilat), ao longo da mañá e primeira hora da tarde deste xoves espérase que cheguen as que faltan.

Posteriormente, a organización da proba reunirase para sumar as puntuacións de todas as probas e determinar así a patrulla gañadora da 14 Edición do Concurso de Patrullas Tui-Santiago.

Este venres, 8 de maio, ás 11,00 horas terá lugar na Praza do Obradoiro da capital galega a entrega de trofeos ás patrullas gañadoras.

Nesta edición participaron 15 unidades militares de España e Estados Unidos no Concurso de patrullas Tui-Santiago. Este ano, segundo os organizadores, rexistrouse unha marca de participantes con 25 patrullas de seis compoñentes cada unha pertencentes a 15 unidades militares diferentes, entre elas una da United States Army, o Exército Regular de Estados Unidos, que se estreou nesta proba o ano pasado.

Entre as unidades que percorrerán os 120 quilómetros do Camiño de Santiago estiveron representados o Rexemento de Artillaría de Campaña 11, o Rexemento de Intelixencia 1, a Comandancia Xeral de Baleares, a Brigada Mecanizada X Guzmán el Bueno, a Brigada da Lexión, a Brigada Canarias, a Bril V San Marcial, o Rexemento de Cabalaría Lusitania, o Rexemento de Artillaría Lanzacohetes de Campaña 62, a Brigada Mecanizada Estremadura XI, a Brigada de Infantaría Acoirazada Guadarrama XII, o Terzo de Armada, o Terzo Norte de Infantaría de Mariña e a US Army.

Ademais, a Brilat sumou outras dez patrullas con soldados das súas bases de Pontevedra, Asturias e Valladolid para competir neste concurso.

7 de maio de 2015 | 10:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.