publicidade hoxe

Chave de Ouro tamén é laranxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

O secretario do CD Burela FS Pescados Rubén, Antonio Couto, visitou o Grupo Chave de Ouro para agradecer o compromiso da empresa co fútbol sala laranxa. En representación do grupo construtor, Óscar Sobrado, recibiu nas súas oficinas en Burela un cadro personalizado da tempada de mans do directivo burelista.

Chave de Ouro, con sede en Burela (Rosalía de Castro, 19) e Ribadeo (Virxe do Camiño, 26), é un grupo de empresas, promotoras e construtoras, con experiencia no sector desde 1978, cuxo obxectivo se centra na alta calidade e a boa construción.

Fiel colaborador do club laranxa, Chave de Ouro uniu a súa imaxe na última campaña á solidez de Jorge Bellvert, en Primeira División LNFS, ao seu xa tradicional apoio ás categorías de base.

12 de maio de 2015 | 11:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.