publicidade hoxe

Cerdido únese á conmemoración do Día das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O Concello de Cerdido vai celebrar o día das letras galegas o vindeiro luns 18 de maio no CEIP da Barqueira con varios obradoiros de percusión con material de refugallos. Participarán tódolos rapaces de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos de idade. Estes talleres son moi importantes para concienciar aos nenos e nenas da importancia da reciclaxe e da reutilización de distintos obxectos, dun xeito lúdico, a través da música, más concretamente da percusión. Un xeito diferente de ensinar valores de traballo en grupo e solidariedade e concienciar aos rapaces co coidado do medio ambiente. Ao rematar as actividades repartiranse libros en galego entre os rapaces e rapazas que participen nas actividades.

15 de maio de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.