publicidade hoxe

Cerdido participará novamente nos Campamentos Deportivos da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O Concello de Cerdido participará un ano máis nos Campamentos Deportivos que organiza a Deputación da Coruña e que se realizarán no Colexio Calvo Sotelo, na Coruña. Os campamentos están dirixidos a rapaces e rapazas nacidos entre o ano 1998 e o ano 2005 (ambos incluídos). A Cerdido fóronlle adxudicadas 3 prazas para rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2001 e 2005, que participarán no campamento entre o 5 e o 11 de xullo. Como novidade deste ano tamén poderán participar os rapaces e rapazas nacidos nos anos 1998, 1999 e 2000 que participarán nos campamentos entre o 19 e o 25 de xullo e ademais das actividades deportivas e culturais do campamento terán talleres de inglés.

Entre as actividades que os participantes poderán realizar nos campamentos destacan os deportes náuticos, equitación, paseos a cabalo, multiaventura, kaiaks, orientación, piragüismo, paseos en barco, tenis, voleibol, fútbol 7, baloncesto, batuka, capoeira, hip-hop, visitas culturais, etc…

A cota de inscrición é de 85 € por participante o que inclúe transporte interno, estadía e manutención e tódolos gastos xerados polas actividades programadas. Os rapaces e rapazas interesados poderán recibir máis información no concello, onde deberán formalizar a súa inscrición antes do 29 de maio. En caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas, farase un sorteo público.

6 de maio de 2015 | 09:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.