Centos de persoas demandan emprego estable e con dereitos na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Coruña
A-
A+

Centos de persoas maniféstanse polas rúas da Coruña en demanda de “emprego estable e con dereitos”, na manifestación central de UXT e CC.OO. en Galicia baixo a lema ‘Así non saímos da crise’.

   A mobilización partiu da praza da Palloza encabezada polos secretarios xerais de ambos os sindicatos, José Antonio Gómez e José Manuel Sánchez Aguión, respectivamente. Na primeira fileira, os participantes portaron un pano tapándolles as bocas e mostrando o seu rexeitamento á ‘Lei Mordaza’

   En declaracións aos xornalistas, Aguión cualificou de “insustentable” a situación dos traballadores. “É un día de esixencia, de cambiar estas políticas”, sinalou ao denunciar que “diminúe a protección social” e aumenta “o emprego precario”.

    Pola súa banda, José Antonio Gómez, instou a “abandonar as políticas de recortes e de austeridade”. Tamén esixiu que se derrogue a reforma laboral. “Inútil e inxusta”, apostilou o dirixente de UXT, quen pediu tamén un “cambio” no modelo produtivo.

   A protesta, que concluirá ante a Delegación do Goberno en Galicia, conta tamén con representación política, entre eles o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, a viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz.

1 de maio de 2015 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.