Celso Sanmartín pechará o 3º Festival do Humor da Laracha
O humorista, poeta e contacontos lalinense Celso Sanmartín será o encargado de pechar a terceira edición do Festival do Humor da Laracha co monólogo que presentará este venres a partir das 22:00 horas na Casa da Cultura.
As entradas están á venda ao prezo reducido de 5 euros no Concello en horario de mañá e tamén poderán adquirirse o propio venres na Casa da Cultura ata minutos antes do inicio do espectáculo.
No marco deste programa de actuacións actuaron na Laracha nas últimas semanas outros recoñecidos humoristas do panorama galego e nacional como Quico Cadaval, Carlos Blanco e Sara Escudero.











