Catro rúas do centro de Vilagarcía recuperan as 31 papeleiras substraídas polos cacos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Persoal municipal comezou hoxe a instalar papeleiras nas catro rúas do centro que foran escenario do singular saqueo de mobiliario urbano realizado por tres cacos o pasado mes de febreiro. Os autores desta acción delictiva foron detidos pola Policía cando xa tiñan cargadas nunha furgoneta algunhas das papeleiras de fundición arracadas previamente das rúas. O Concello reporá as 31 papeleiras que faltaban con elementos totalmente novos, xa que as recuperados tiñan arranxo.

O concelleiro de Servizos e Medio Ambiente, Jesús Longa, informou de que nos vindeiros días quedarán colocadas todas as papeleiras que, aínda que son dun modelo diferente ao inicial, pero igualmente de fundición. Manteranse os puntos nos que estaban emprazados os contedores orixinariamente.

As rúas nas que actuaran os cacos durante a noite do 13 de febreiro foron Arcebispo Xelmírez e a súa travesía, Fariña Ferreño, Celso Emilio Ferreiro e Santa Eulalia. Os tres implicados neste acto delictivo foron detidos esa mesma noite por axentes da Policía Local tras recibir o aviso dun veciño que alertou de que dous mozos estaba tronzando os pés das papeleiras e deixándoas apoiadas no chan. Posteriormente, outro individuo pasaba cunha furgoneta a cargalas. Foi no interior deste vehículo no que a patrulla da Policía interceptou aos cacos cando xa tiñan dentro do vehículo catro papeleiras de modelo similar ao instalado na zoa e con signos evidentes de ter sido arrancadas pola forza.

Os individuos, residentes en Trabanca Badiña, foron postos a disposición xudicial.

7 de maio de 2015 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.