Catro actuacións integran a proposta musical “Música tradicional na rúa. Ferrol 2015”
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza este fin de semana catro actuacións dentro da nova proposta musical “Música tradicional na rúa. Ferrol 2015”. Así, estes concertos se concentrarán mañá sábado e pasadomañá domingo en diferentes rúas dos barrios de Caranza, Santa Icía, Esteiro e A Magdalena.
Así as cousas, as agrupacións que interpretarán durante estas dúas xornadas música tradicional serán “Lembranzas do Condado”, o centenario “Real Coro Toxos e Froles”, “Grupo Etnográfico das Mariñas” e “Donas e Galáns”. Máis concretamente, a programación completa para este fin de semana desta proposta que leva a música tradicional polas rúas de Ferrol é a seguinte:
Sábado, día 9 de maio
– “Lembranzas do Condado”. Percorrido: Feirón de Caranza na avenida de Castelao. Saída ás 12:00 horas.
– “Real Coro Toxos e Froles”. AVV Santa Icía, saída ás 19:00 horas.
Domingo, día 10 de maio
– “Grupo Etnográfico das Mariñas”. Percorrido: praza do Callao, rúa Pardo Baixo, igrexa das Angustias, avenida de Esteiro, rúa Españoleto. Saída ás 13:00 horas.
– “Donas e Galáns”. Percorrido: Teatro Jofre, rúa da Igrexa, praza do Callao, rúa Rochel, praza de España, rúa Magdalena e praza de Armas. Saída ás 13:00 horas.











