Carlos Méixome presenta o seu último libro “Daquí e Dacolá” en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

Os relatos, artigos e reflexións dos que é autor o profesor e director do Instituto de Estudos Miñoranos, o lalinense Carlos Méixome Quinteiro, chegan  reunidos no libro titulado: Daquí e dacolá. Follas voadeiras. Obra escrita por un historiador que exerce o seudereito “de explicar o Mundo dende aquí, sen medo a implicarse nos asuntos do mundo real cunha perspectiva trazada dende Galicia”.  

Daquí e dacolá. Follas voadeiras,  será presentada en Lalín, o venres 15 de maio ás 20:00 horas na Libraría Vagalume (rúa D, número 20)  nun acto que  coordinará a directora de Artesa das Artes, Cruz López, e que contará coa presenza do profesor e escritor Gonzalo Navaza, do editor Antón Mascato, e do autor. Unha vez rematada a presentación iniciarase un debate arredor do punto de situación da cuestión identitariana Galicia actual.

Do libro

Co nexo común da cultura galega e da acción política nacionalista,recólleseunha serie de textos que o autor denominou Follas voadeiras, polo seu carácter inmediato e Daquí e dacolá  polos diversos medios en que foron dadas a coñecer, aos que se suman escritos de carácter político, epistolar ou de lectura pública.

Do autor

Carlos Méixome Quinteiro (Lalín, 1954), estudou Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago, profesor de Xeografía e Historia en centros da comarca de Vigo e o Val Miñor.

Ten traballado en cuestións internacionais sobre as que ten publicado varios artigos e, en colaboración editou O conflito dos Balcáns. A ex-lugoslavia (1994); Rusia das orixes á crisedun modelo (1996); e Cuba, independencia e revolución (1998).

Sobre historia contemporánea publicou: Textos e documentos para a historia contemporánea de Galicia. Século XX (1999) e Castelao: Unha historia do nacionalismo galego (2000), e Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira (2014).

Estudou a represión franquista no sur da provincia de Pontevedra, sobre o que ten publicado unha gran cantidade de artigos en diversas publicacións e libros colectivos.

Militante e dirixente nacionalista dende hai corenta anos. Durante a década dos setenta participou activamente no movemento estudantil nacionalista ERGA. Membro electo do primeiro Consello Nacional do BNG na Asemblea fundacional en 1982. Participou na fundación de ANOVA e foimembro da súa comisión permanente ata a súa demisión en 2014.

É o director do Instituto de EstudosMiñoranos dende a súa fundación en outubro de 1999.

14 de maio de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.