Cantos de Taberna chega aos bares Brasilia e á Casa do Trasno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Os Cantos de Taberna volven mañá á programación festiva do Concello de Pontevedra da man do grupo Antaruxas e sorteiros. Nesta ocasión os bares escollidos para estas actuacións son o Brasilia e a Casa do Trasno, este último situado na praza de Méndez Núñez. Como vén sendo habitual, os cantares comezarán ás 21.00 horas e rematarán a medianoite. A programación de Cantos de Taberna rematará o vindeiro mes de xuño (o día 26) coa actuación do grupo Maravallada nos bares Timón e Diaño.

28 de maio de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.