Campións e subcampións galegos na Escola Terra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

A Escola Terra está no seu tramo final de tempada e con eles os finais de campionatos das diversas categorías. Este fin de semana o Alevín II proclamouse subcampión galego nos campionatos de Galicia tras vencer en semifinais por 7-4 ao Carballiño FS e perder ante o Club do Mar por 7-2 na final celebrada en Bueu. Os de José González mostráronse felices tras unha gran tempada.

Doutra banda, o equipo Infantil A gañaba o domingo a Santiago Futsal por 2-1 en xornada de liga e deixaba a posibilidade de alzarse co título de liga autonómica galega xa ao día seguinte debido á disputa dun partido aprazado ante Burela FS aos que derrotaron con outro axustado 2-1. Estas dúas vitorias daban xa matematicamente o campionato galego ao equipo de José González a falta dunha xornada para a conclusión da liga. O próximo reto será o campionato de España.

Doutra banda, o resto de equipos da Escola Terra tamén tiveron compromisos deportivos:

Cadete A – Santiago Futsal (8-1)

Noia F.S. – Xuvenil A (5-0)

XVI Torneo Prebenxamín de Futsal Escola Terra:

3ª División: Fundación Azkar Prone – Colexio Milagrosa (4-0)

2ª División: Fundación Azkar Prone – SCD Milagrosa (0-3)

1ª División: Fundación Azkar Prone – Salesianos A (2-1)

12 de maio de 2015 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.