publicidade hoxe

Cambados Zona Centro presenta a IV edición do Concurso de Pinchos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+
Presentación do concurso de pinchos

Presentación do concurso de pinchos

A asociación Cambados Zona Centro presenta a IV edición do concurso “de pichos, ….por Cambados”, que se celebrará os vindeiros días 29, 30 e 31 de maio. Na presente edición serán 8 establecementos de hostalería participantes, que servirán, cada un deles dous pinchos, ao prezo de 1€ a unidade. Os pinchos poderanse degustar en horario de 12.00 a 15.00h. e de 20.00 a 22.30h.

A DOS PIÑEIROS

- Pementos de piquillo recheos de marisco.

- Crema de verduras con vieira.

PARADOR

- Pastel de lacón con grelos.

- Pementos de Vilariño recheos de queixo de San Simón.

VINOTECA RIBEIRA DE FEFIÑÁNS

- Xouba rechea de Pementos e queixo de Arzúa.

- Chipirón con tempura negra e alioli de lima.

O CRUCEIRO

- Ensalada de polbo.

- Tempura de sepia sobre base de figos.

A TABERNA DO TRASNO

- Tataki de atún.

- Tomate asado con tetilla.

A ESQUINA DA MEIGA

- Tosta de palometa e queixo galego.

- Revolto de primavera con arroz negro.

TAPERIA REAL

- Roliño de leituga con sorpresa do mar.

- Verduras templadas con zamburiñas.

A CASA MIGUEL

- Timbal de bacalao con verduras.

- Tosta de secreto ibérico con setas en reducción de trufas.

Cada local participante poñerá a disposición dos seus clientes as papeletas de votación, nas que se deberán valorar do 1 ao 5, cada un dos pinchos, entendendo 5 como a máxima puntuación. Na presente edición, contaremos como novidade, coa existencia dun xurado, que estará formado por un representante da hostalería local, un representante do Concello, e un representante da asociación Cambados Zona Centro. Así, o gañador do concurso será aquel establecemento, cuxo pincho acade a maior puntuación media, sumando a votación popular e a valoración do xurado.

Para os nosos clientes, a asociación sorteará entre todos aqueles que percorran os establecementos participantes, unha cesta de produtos “gourmet”, así como 8 vales compara de 25€ cada un.

Con motivo destas xornadas, o sábado 30, ás 18.30 horas, no Salón José Peña, realizarase un taller gratuíto de corte de xamón.

Ademais, na Praza do Concello, teremos a ocasión de ver o coche do equipo “Galventus Team”, gañador do rallie solidario “Clio Raid Marraquech”, organizado polo expiloto Chus Puras, e patrocinado pola asociación Cambados Zona Centro.

26 de maio de 2015 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.