Cabral e Fontàs asinarán autógrafos en El Corte Inglés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Os centrais celestes Gustavo Cabral e Andreu Fontàs acudirán este mércores a El Corte Inglés de Vigo para atender a todos os afeccionados que desexen coñecelos en persoa e conseguir os seus autógrafos. O evento, promovido  por Estrella Galicia, comezará ás 18:30h no Departamento de Deportes dos grandes almacéns.

O club continúa traballando cos seus principais patrocinadores para levar a cabo accións que permitan achegar o equipo ao celtismo. A pasada semana Santi Mina, Rubén, Sergio e Jonny foron os protagonistas doutros dous exitosos encontros cos afeccionados en comercios da cidade, accións tamén realizadas por iniciativa de Estrella Galicia.

19 de maio de 2015 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.