Caballero defenderá os dereitos dos extraballadores de Alfageme ante os bancos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Tras unha reunión celebrada este martes, e á solicitude dos afectados, Abel Caballero asegurou que mediará ante as entidades financeiras provisionalmente adxudicatarias da fábrica de Bernardo Alfageme para que indemnicen aos extraballadores, que ata o momento so cobraron do Fondo de Garantía Salarial. “Teñen todo o apoio do alcalde”, certificou Caballero.

O alcalde mantivo este martes un encontro cunha representación dos antigos traballadores da factoría Alfageme, que continúan loitando polas indemnizacións. Abel Caballero comprometéuse a mediar ante a nova propiedade da fábrica -adxudicada provisionalmente a entidades bancarias por 11,2 millóns- e defender os dereitos dos traballadores para que sexan resarcidos como “creemos que moralmente teñen dereito”. “Teñen todo o apoio do alcalde”, concluíu Abel Caballero.

12 de maio de 2015 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.