Belén do Campo participa na xuntanza do xurado dos Premios San Xoán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Belén do Campo na xuntanza do xurado

Belén do Campo na xuntanza do xurado

A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, asistiu hoxe á tradicional xuntanza do xurado dos Premios San Xoán que cada ano outorga a Comisión Promotora das Fogueiras de San Xoán da cidade da Coruña.

O xurado, que preside a propia Do Campo, debe determinar os gañadores nas categorías de “Rei Don Afonso IX” ao labor institucional, “María Pita” aos valores cidadáns, “Tenente Xeneral Fernández Vallespín” á cultura e os valores artísticos, “Riazor” ao deporte e “Meiga Maior” ao labor empresarial e ao esforzo innovador. Ademais, o certame inclúe a categoría “Marineda” ao coruñesismo, que será outorgado directamente pola xunta directiva da comisión promotora.

Os premios serán entregados pola Meiga Maior, Tania Pintor, no transcurso da Festa do Aquelarre Poético, que terá lugar o 20 de maio no teatro Rosalía da Coruña.

15 de maio de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.