Belén do Campo expresa o seu apoio ao labor da asociación da enfermidade de Behçet

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Belén do Campo na visita á mesa informativa

Belén do Campo na visita á mesa informativa

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou hoxe na Coruña a mesa informativa da Asociación española da enfermidade de Behçet instalada no edificio administrativo do Goberno galego en Monelos con motivo do día mundial desta doenza, que se conmemora hoxe. A máxima representante do Executivo autonómico na provincia trasladou aos representantes da entidade na nosa comunidade o apoio á súa labor e aproveitou para facer un recoñecemento ao grande esforzo feito polos afectados e os seus familiares por dar visibilidade a esta enfermidade e traballar a prol da investigación para o seu tratamento e curación.

20 de maio de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.