publicidade hoxe

Avelino González presenta “Contos literarios” en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Avelino González en Xove

Avelino González en Xove

A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas, acto que ademáis está englobado dentro do Programa do Concello para celebrar as Letras Galegas.

A actuación de hoxe estivo protagonizada polo coñecido actor de teatro e televisión (actor da serie Padre Casares, entre outras) Avelino González.

Desenvolvida dende as 13:00 ás 14:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, contou coa participación de 70 rapaces/as e profesores do IES Illa de Sarón de Xove.

15 de maio de 2015 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.