Augusto será celeste ata 2019

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+
Renovación de Augusto

Renovación de Augusto

Tras unha magnífica tempada, cun excelente oitavo posto na táboa e un xogo admirable, o Real Club Celta xa puxo a primeira pedra da próxima campaña, e do futuro, coa renovación dun dos xogadores con maior peso no equipo: Augusto Fernández. O capitán será celeste ata 2019 tras asinar un contrato que o une ao club durante as catro próximas tempadas, segundo anunciou esta tarde o presidente celeste, Carlos Mouriño, tras a firma da renovación do acordo de patrocinio con Estrella Galicia.

O mes de xuño arrinca de maneira espléndida para o Real Club Celta coa renovación do capitán do equipo, un xogador que cegou desde a súa chegada e que na recentemente concluída campaña ofreceu un extraordinario rendemento no eixo do centro do campo. A continuidade de Augusto supón un gran paso adiante  para asentar o ilusionante e sólido proxecto deportivo do club, complementado por un bo número de iniciativas en todas as áreas encamiñadas a garantir o futuro da entidade.

25 de maio de 2015 | 20:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.