Asomamos organiza unha viaxe ao ‘Geo Park Portugal’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, ASOMAMOS, organiza unha excursión de dous días ó ‘Geo Park Portugal’ que se celebrará os días 27 e 28 de xuño.

Os interesados en participar deben chamar para inscribirse ós seguintes números de teléfono: 986 33 41 67- 679 037 299.

O programa da viaxe inclúe, o primeiro día, saída en autocar en dirección a Penha García, chegada ó hotel, distribución de habitacións e xantar. A continuación, encontro co guía na oficina de turismo para a realización da Ruta dos Fósiles de Penha García cunha extensión de 3 kilómetros. Dita ruta pasa polo pobo típico, ruinas do Castelo Templario, polo Parque Iconolóxico e pols muíños. Finalizada esta visita os participantes serán trasladados de novo ó hotel para a cena.

O segundo día empezará cun almorzo tras o cal visitarase o pobo histórico de Monsanto pasando polo Castelo Medieval, a Torre de Lucano e o propio pobo. A continuación terá lugar o xantar e, de seguido, visita guiada ó pobo histórico de Idanha a Velha coñecendo a antiga Catedral, Almazara de Aceite, e a Torre Templaria do Castelo. Tras esta visita emprenderase a viaxe de regreso a Mos.

O prezo por persoa desta acrividade é de 105 euros e inclúe transporte, aloxamento en pensión completa, bebidas, entradas en tódolos monumentos e guía. Non inclúe suplemento por habitación individual.

18 de maio de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.