As últimas tendencias do café chegan a Vigo da man de Marcos González

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O experto en café Marcos González achegará ao público os cafés filtrados, que dominan o 95% das cafetarías mundiais, pero que en España apenas unha vintena de establecementos ofrece. Utilizará cafés 100% arábicas dalgúns das mellores orixes do mundo, a fin de promover a cultura do café de calidade. Será no Café Bar Belén (Avda. García Barbón, 103), o vindeiro martes, 12 de maio, entre as 17 e as 18h.

Co evento, presentará o seu novo Rincón del Café Gourmet, un espazo que habilitará no establecemento que rexenta, o Café Bar Belén, para quen desexen adquirir cafés e accesorios para preparar cafés de máxima calidade en casa. Marcos González, formado como barista na Escola Cafento, será un dos finalistas no X Campionato Barista de Galicia, que terá lugar o próximo 18 de xuño en Santiago de Compostela, e onde se medirán algúns dos maiores expertos en café de Galicia.

8 de maio de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.