As praias de “O Muíño” e “Area Grande” na Guarda contarán con bandeira azul

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Un ano máis as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello de A Guarda lucirán o distintivo internacional de bandeira azul. A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público hoxe o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán.

A praia “Area Grande” luciu por primeira vez este distintivo no ano 2009, e dende esa data, todas as tempadas o conseguiu. Pola súa banda, o areal “O Muíño”, renovou a bandeira azul no 2010. Ademais deste diferenciador, este ano, esta praia fluvial, tamén contará co distintivo “Ecoplayas”.

Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une ambas praias. Este camiño ten o recoñecemento dende o ano 2013.

A finais do mes de decembro o Concello da Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias conseguisen este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente hoxe, publicouse o resultado.

14 de maio de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.