As melloras no parque da Xunqueira continúan pola ponte de madeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello continúa cos seus plans de mellora e acondicionamento do Parque da Xunqueira, unha vez remozados os espazos verdes, paseos e zonas de xogos infantís, agora tócalle á ponte de madeira que une o Paseo do Con co corredor principal do parque. Investiranse 18.000 euros no arranxo da estrutura peonil.

A Xunta Local de Goberno aprobou esta mañá a adxudicación dos traballos de reforzamento da ponte de madeira da Xunqueira á empresa Globalia Urbanismo e Infraestructuras por importe de 17.918 euros. A actuación está incluída no Plan provincial de Obras e Servizos deste ano e está previsto que se acometa de inmediato.

A pasarela de madeira que salva o río do Con para acceder ao parque da Xunqueira instalouse no anterior mandato. Aínda que non ten moitos anos, a exposición aos elementos unido aos eu frecuente uso, foi desgastando e afrouxando as láminas de madeira, algunhas das cales atópanse algo levantadas e dificultan o paso das persoas ao presentar desniveis, co conseguinte risco de tropezóns. Algunhas das táboas tamén se separaron, deixando rendixas.

4 de maio de 2015 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.