As entidades culturais de Pontevedra poderán solicitar subvencións municipais ata o 2 de xuño
O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra publicou o pasado venres, 15 de maio, as bases para a convocatoria de subvencións para entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade no eido da Cultura. A Concellaría reserva unha contía de 40.000 euros para todas aquelas actividades que se axusten ás bases. Os interesados poderán solicitar esta axuda até o vindeiro 2 de xuño.











