As dependencias administrativas do Concello de Lugo permanecerán pechadas o 22 de maio por mor da festa de Santa Rita
As dependencias administrativas do Concello de Lugo estarán pechadas ó público o venres día 22 de maio, debido á celebración da festa de Santa Rita, patrona dos funcionarios da administración local. Para a celebración de dita festa, os traballadores municipais organizaron unha comidad e confraternización que terá lugar o propio venres no restaurante do Gran Hotel.
Ademais, o persoal do Concello participa en diversas actividades deportivas e de ocio, como son o campionato de parchis e de tute que se celebran o mércores 20 de maio ás 16.30 horas no Centro Convivencia Uxio Novoneyra, o campionato de xadrez tamén no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra pero será o xoves 21 ás 16.30 horas. As actividades rematan o propio venres 22 de maio ás 11 horas cunha carreira popular no adarve da Muralla con saída dende a Porta de Santiago.











