As dependencias administrativas do Concello de Lugo pecharán mañá con motivo da festividade de Santa Rita
O Concello de Lugo lembra que as dependencias administrativas municipais estarán pechadas ó público mañá, venres día 22 de maio, debido á celebración da festa de Santa Rita, patrona dos funcionarios da administración local.
Con motivo desta festividade, a excepción do Rexistro Xeral e do persoal de Conxerxería necesario para a apertura da dependencia citada, permanecerán pechadas as dependencias administrativas ou con xornada continuada de mañá, daqueles servizos municipais onde non se esixa unha atención continuada, co obxecto de non producir detrimentro na prestación dos servizos públicos encomendados.
Ademais e como é tradicional o persoal do Concello festexa a celebración da patroa da administración local coa celebración de distintas actividades deportivas e de ocio, como os campionatos de tute e xadrez e mañá, ás 11 horas, haberá unha carreira popular no adarve da Muralla con saída dende a Porta de Santiago. Posteriormente, os traballadores municipais que o desexen participarán nunha comida de confraternización.











