As Cancelas únese á Festa do Cine
As Cancelas celebra durante esta semana a Festa do Cine, unha iniciativa que este ano cumpre a súa oitava edición cun éxito rotundo ao que se sumaron 340 cines en toda España. Nesta ocasión os cinéfilos poderán gozar das súas entradas a prezo reducido durante un día máis que de costume, ampliándose ao xoves unha promoción que orixinariamente incluía luns, martes e mércores. Do mesmo xeito que nas anteriores edicións, os espectadores que queiran beneficiarse dos descontos deberán acreditarse previamente na web www.fiestadelcine.com.
Vengadores 2: La era de Ultrón, Cenicienta, Asterix: la residencia de los Dioses, Cómo sobrevivir a una despedida ou El maestro del agua son algunhas das películas que estarán a disposición dos espectadores nos cines CINESA das Cancelas. O centro quixo prolongar e completar a festa con esta orixinal promoción na que colaboran os locais de restauración e grazas á que os participantes na festa do cine poderán gozar dun 2×1 en ceas durante os días 18,19 e 20 de maio presentando a súa entrada.











