publicidade hoxe

Arzúa inaugura a Sede Electrónica Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O goberno municipal vén de poñer en marcha a Sede Electrónica Municipal que lle permitirá a todos os veciños e veciñas poder realizar diversos trámites administrativos a través de internet.

A maior parte dos trámites da Sede Electrónica contan con dúas modalidades.

– Unha “Off Line” á que calquera persoa pode acceder pero desde a que non se poden facer os trámites directamente, serve para obter información e descargar formularios para tramitar de maneira presencial no propio concello.

– Outra “On Line”, neste caso para poder acceder será necesario estar en posesión do DNI ou certificado electrónico e con isto o usuario poderá dispor dunha serie de servizos personalizados: consultar o estado dun trámite, obter o seu volante de empadroamento, consultar os seus expedientes, representar a outra persoa na presentación de instancias, realizar unha serie de trámites telemáticos regulados e presentar calquera outra instancia ou solicitude a través do rexistro electrónico.

A implantación da Administración Electrónica supón para a xestión municipal unha nova forma de relación entre a administración e os cidadáns, posto que abre a posibilidade de relacionarse a través de Internet con plenas garantías legais de confidencialidade, seguridade e sinxeleza durante as 24 horas do día e os 365 días ao ano. As persoas que desexen realizar algún trámite a través da Sede Electrónica Municipal deben acceder á páxina web do concello www.concellodearzua.comdonde existe un enlace de acceso ao servizo.

O Concello de Arzúa cumpre así plenamente a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que establece o “dereito dos cidadáns a relacionarse coas administracións públicas por medios electrónicos” e “a obrigación das administracións públicas de redeseñar os seus procedementos e dotarse dos medios técnicos necesarios para que o exercicio do novo dereito sexa plenamente efectivo”.

27 de maio de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.