Área Central será sede da sexta edición do Festival da Asociación Galega de Patchwork Centón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Sexta edición do Festival da Asociación Galega de Patchwork Centón
 celébrase os días 5 e 6 de xuño en Santiago de Compostela, no centro comercial Área Central. Baixo o tema Hexágonos, en alusión ao sexto encontro, o evento incorporará importantes premios en metálico nas novas categorías Revelación e Experta.

Contarase con clases a cargo de profesoras destacadas do ámbito nacional como Juana Castañeda, gañadora do premio Absoluto Sitges 2015 coa súa clase Coloreando con Fíos, e a profesora Lilian Pilar coa clase de Picture Piecing tamén gañadora este ano en Loeches premio contemporáneo.

Tamén se disporá de talleres para afeccionadas como a de Manuela de Albacete, que ofrecerá Apliqué “Las costuretas de Moly” e exhibicións de artistas contemporáneas nacionais como Mercé e Cecília Gonzales Desedamás, Paz Giral, Lilian Pilar e Juana Castañeda.

Trátase da feira comercial específica do patchwork e o scrap.

5 de maio de 2015 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.