Arde un taller de electricidade en Santiago sen rexistrarse feridos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un taller de electricidade ardeu na madrugada deste martes en Santiago de Compostela, pero o incidente non causou contaminación ambiental nin feridos. Segundo informou o 112 Galicia, os Bombeiros de Santiago extinguiron de madrugada o incendio, que se iniciou nun taller de electricidade situado en Conxo, na rúa Travesa da Fervenza.

O local onde se produciu o incendio ocupaba un baixo común a varias vivendas unifamiliares encostadas que non necesitaron ser evacuadas, segundo indicaron as mesmas fontes. Foi sobre as 3,00 horas deste martes cando o CAE 112 Galicia recibiu a chamada dun alertante que explicaba que saía fume e chamas dun garaxe. Por iso, foron mobilizados os Bombeiros de Santiago e axentes da Policía Nacional e Local.

12 de maio de 2015 | 10:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.