Apertura do prazo para inscribirse na escola de familias “Pais e nais eficaces” na Guarda
Ábrese o prazo de inscrición para todos aqueles interesados en participar na “Escola de Familias 2015. Solución de conflitos na infancia e adolescencia”. As clases estarán impartidas polo psicólogo Esteban Figueirido e terán lugar o 18 e 25 de maio, e 1, 8, 15 e 22 de xuño, en horario de 20,30 a 22 horas, no espazo do CIM. Todos aqueles que queiran facer a súa inscrición poden dirixirse ó IES “A Sangriña” ou o CIM ata o 15 de maio. As persoas que queiran máis información poden chamar o número 986 61 46 48.











